SPJ-USO GALICIA REITERA QUE SE PERMITA ACUMULAR OS DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES COS DÍAS SOLTOS DE VACACIÓNS.

0
202

 

Tras a publicación do Programa anual de Vacacións 2021, A  DXX insiste na negativa de acumular os  días de asuntos particulares cos 7 días de vacacións de desfrute independente.

DESDE SPJ USO MANIFESTAMOS A NOSA ROTUNDA OPOSICIÓN E  ESIXIMOS QUE A DXX DICTEN AS INSTRUCCIÓNS CORRESPONDIENTES NO SENTIDO DE PERMITIR A ACUMULACIÓN DOS DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES COS 7 DÍAS SOLTOS DE VACACIÓNS DE DESFRUTE INDEPENDIENTE.

En 2019, baseándose na modificación da LOPX e na recuperación dos 3 días de asuntos particulares de 2017 e 3 de 2018, a DXX decidiu, coa oposición de SPJ-USO, que non se poderían acumular os ditos días.

En 2021, xa sen a excepcionalidade de ter 6 dias mais, entendemos que non procede recortar “gratuitamente” o dereito á acumulación antes mencionada.

Debemos de ter en conta, ademais, que noutras comunidades autónomas (por exemplo, entre outras, a veciña Asturias) a dita acumulación sempre se permitiu, incluído en 2019.

Lembramos que a actual redacción do artígo 503 da LOPX en ningún caso prohíbe a dita acumulación, tal e como se excusa esa Dirección Xeral de Xustiza, e a Resolución de 8 de abril de 2009 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se regula o réxime e procedemento de concesión de vacacións, permisos e licenzas na Administración de Xustiza galega establece no seu artigo 3, referente ós asuntos particulares que “los interesados podrán distribuir los días según su conveniencia, sin que puedan acumularlos a los períodos de vacaciones anuales”, deixando totalmente aberta a posibilidade de acumulación cos días soltos de vacacións.

SPJ-USO leva anos solicitando a actualización da normativa de permisos de 2009, solicitude que a día de hoxe caeu en “saco roto”,  mais o que non podemos consentir é que a DXX verbalmente recorte sen mais os dereitos acordados na dita normativa sen a previa negociación coas organización sindicais.

Repetimos que en outras Comunidades Autónomas transferidas sí se permite a dita acumulación, así coma no territorio Ministerio, conforme a Instrucción do Ministerio de Xustiza, Área de persoal, de 17 de xaneiro de 2019, que foi comunicada a tódalas comunidades transferidas.

No caso de que a DXX aplique un criterio diferente sobre as mesmas materias ó contemplado polo Ministerio, prodúcese unha clara situación de desigualdade dos funcionari@s da Xustiza galega, ó non poder desfrutar dos dereitos en igualdade de condiciones que os demais compañeir@s do territorio nacional.

Polo anteriormente exposto, é polo que SOLICITAMOS E REITERAMOS:

Que pola DXX, á maior brevidade,  se dicten as instruccións correspondentes ás Delegacións Territoriais no sentido de permitir a acumulación dos días de asuntos particulares cos 7 días soltos de vacacións de desfrute independiente.

Igualmente solicitamos se publique a instrucción ou resolución correspondiente para coñecemento de tódol@s traballador@s.

Asimesmo aproveitamos a ocasión para reiterar a nosa solicitude de que se proceda á negociación e actualización da orde de permisos, licenzas e vacacións para a Administración de Xustiza galega.

ACUMULACIÓN ASUNTOS PARTICULARES A VACACIÓNS