SPJ-USO GALICIA. MODIFICACION REGULACION SUBSTITUCIÓNS FUNCIONARIOS

0
194

sustitucionesRESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Modifícase a Resolución do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, nos seguintes termos:

Primeiro. O artigo cuarto queda redactado como segue:

«Cuarto. Requisitos dos solicitantes

1. Poderán solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, os funcionarios de carreira dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estean en situación de activo, prestando efectivamente servizos en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de xustiza, e leven un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria, ben sexa con carácter definitivo, ben provisional.

2. No caso das substitucións verticais, para ser nomeado substituto no corpo inmediatamente superior será preciso estar en situación de servizo activo nun posto de traballo dalgún dos centros de destino a que se refire o anterior parágrafo e estar en posesión da titulación académica exixida para acceder ao posto superior que é obxecto de substitución».

Segundo. O artigo sétimo queda redactado como segue:

«Sétimo. Duración das substitucións e cesamento do substituto

1. A substitución finalizará cando se incorpore o/a titular do posto ou remate a causa que motivou a substitución, así como pola renuncia do substituto ou por amortización da praza.

2. Salvo renuncia do interesado, se o cesamento do substituto se produce antes de acadar un período mínimo de seis meses de desempeño, este poderá facer valer a súa preferencia nas seguintes necesidades de substitución, cando menos ata completar o devandito período mínimo. En todo caso, a renuncia a unha substitución, unha vez adxudicada esta, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano».

BLOG NOTICIAS GALICIA: https://spj.facuso.es/galiciablog/