viernes,
22 de noviembre de 2024

SPJ-USO GALICIA. EGAP: PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN PARA O PERSOAL DE XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais: RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021

ℹ️➡️ No DOG de hoxe 25/3 convócase o programa de autoformación  para o persoal da Administración de xustiza de Galicia.

👉 IMPORTANTE: O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito a un certificado de equivalencia ou aproveitamento.

⭕ A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOGA.

⭕ Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP a partir do día 26 de abril e ata o 20 de decembro de 2021, agás para os contidos sobre aplicacións informáticas de bases de datos, follas de cálculo, tratamento de textos e presentacións gráficas de Microsoft Office 2019 e os de uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo e de tratamento de textos de LibreOffice Writer, que estarán dispoñibles a partir do 24 de maio de 2021.

⭕ Solicitudes de participación nas probas de avaliación:  O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días a partir do día seguinte ao da publicación mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula

⭕ O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a cinco.

▪️ Amplía información e accede ó Doga: ⤵️⤵️

 RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2021