SPJ-USO GALICIA. PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS 2020

0
232

VACACIÓNS – circular -programa anual 2020

A Dirección Xeral de Xustiza, publica na Intranet o Programa Anual de Vacacións para este ano 2020. Conforme vos temos informado, e tras negarnos dende SPJ-USO a que “pisoteen os nosos DEREITOS” como fixeron no territorio Ministerio, o noso programa de vacacións é igual que o de 2019 en canto a requisitos e porcentaxes de permanencia no verán.

  • A planificación das vacacións anuais realizarase distinguindo dúas tempadas:
    TEMPADA “A”
    Do 01/07/2020 ata o 30/09/2020.
    Semana Santa: do 6/04/2020 ata o 12/04/2020.
    Nadal: do 21/12/2020 ata o 10/01/2021.
    TEMPADA “B”:
    Do 07/01/2020 ata o 06/04/2020.
    Do 13/04/2020 ata o 30/06/2020.
    Do 01/10/2020 ata o 20/12/2020.
    Do 11/01/2021 ata o 31/01/2021.
  • As solicitudes tramitaranse obrigatoriamente a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX) e asinaranse electronicamente, pasando a estar dispoñibles na bandexa do superior xerárquico para o seu informe e validación.
  • As solicitudes deberán presentarse no servizo nos seguintes prazos ordinarios:
    – Para vacacións durante a tempada “A”:
    – As vacacións de verán solicitaranse ata o 19 de xuño, as de Nadal ata o 15 de decembro.
    – Para vacacións durante a tempada “B”:
    – Ata o día 15 do mes anterior ao do gozo das vacacións.

Máis Información: Resolución Dirección Xeral de Xustiza