domingo,
22 de diciembre de 2024

SPJ-USO GALICIA.- MESA SECTORIAL DE INTERINOS: REUNIÓN DO DIA 8.6.2021

MESA SECTORIAL DE INTERINOS: REUNIÓN DO DIA 8.6.2021

 

🔊 A DXX no dia de hoxe adiantou as novas liñas para a confección dun borrador definitivo:

1️⃣ Que só se manterá como requisito para acceder á bolsa a titulación correspondente ó corpo e coñecementos informáticos, pasando á baremación de méritos o tempo de servizos prestados, formación académica, exámenes de oposicións aprobados e cursos de formación.

2️⃣ Con respecto o coñecemento da lingua galega ratifícanse nas puntuacións sinaladas no novo borrador (6 puntos o Celga 4 o equivalente, 12 puntos o curso de linguaxe xurídica de nivel medio e 18 puntos o superior) remitíndose a baremación que se fai nos procesos selectivos.

3️⃣ SPJ-USO discrepa abertamente da posición de outras OOSS que solicitaron que os chamados desde a lista de baremados pasen directamente a bolsa de reserva unha vez cesen. Consideramos que esto é unha aberración e que únicamente poderían pasar a bolsa de reserva cando existan ocos por exclusións que obriguen a completar as porcentaxes da referida bolsa.

4️⃣ Con respecto ás porcentaxes das bolsas, manifestou que se negociarán na correspondente comisión paritaria, sendo neste caso necesario polo tanto a conformidade das OOSS para o seu incremento, se así fose necesario; dende SPJ-USO reiteramos que non é preciso o aumento de % das bolsas actuais .

SPJ-USO consideramos que non é preciso modificar as porcentaxes tal e como están agora mesmo, xa que co listado de baremados xa se cubrirían as posibles incidencias que xurdan.

5️⃣ SPJ-USO SOLICITA que se valore o tempo traballado como LAJ, ao que a DXX accede e móstrase conforme.

6️⃣ Ó problema dos interinos nombrados polo SPEG, sinalou que tiveron conversacións coa Consellería de Emprego para que nas valoracións prime a experiencia e a superación dos exercicios das últimas oposicións por riba dos criterios propios do servizo de emprego. Esta xestión xurde despois da entrevista do noso sindicato coa directora do SPEG.

7️⃣ Con respecto a validez dos cursos de formación, non acepta a petición de SPJ-USO de que se valoren os cursos que teñan a lexislación en vigor nin a validez de 10 anos nos mismo termos que se lle esixe aos funcionarios titulares, o cal para nós é unha clara discriminación.

➡ Finalmente, a DXX comunicounos que nos remitirá en breve un novo borrador e que nos convocara para una nova mesa sectorial, de cara a vindeira semana.

SPJ-USO , solicita noutra orde de cousas, que se convoque mesa de negociación das gardas de 24 horas de Vigo e Coruña, debido a que son as dúas únicas cidades de España que non as ten, e que hai informes favorables do TSX de Galicia, consello xeral do poder xudicial, ministerio de xustiza, colexio de avogados, colexio de procuradores.

Despois do traballo realizado por este Sindicato, nos últimos meses en Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Lalín, Ribeira, Viveiro, Betanzos  e Ferrol en colaboración con Maxistrados, Letrados e os traballadores dos Xulgados antes citados e coa propia DXX, esta manifesta que os reforzos dos devanditos xulgados serán nomeados en canto emita o informe o TSX de Galicia, a maior brevidade posible.

SPJ-USO, despois da reunión mantida nos Xulgados de Primeira Instancia de Vigo,  Xuiz Decano, e os  escritos enviados o TSXustiza de Galiza  o DXX, MANIFESTA: que os Xulgados de Primeira Instancia de Vigo, terán o apoio dun Xulgado Bis, composto por un Xuíz, un Laj e os compañeiros que agora mesmo están a prestar apoio aos Xulgados de Social, máis os reforzos que sexan necesarios para completar o xulgado.