domingo,
22 de diciembre de 2024

SPJ-USO GALICIA.- CHAMAMENTOS DE INTERINOS – GALICIA – 9/6/2021‼️

CHAMAMENTOS DE INTERINOS – GALICIA – 9/6/2021‼️

 

📢🔊 CHAMAMENTOS DE INTERINOS – PONTEVEDRA – 9/6/2021‼️

ℹ️➡️ Este mércores  9 de xuño a Dirección Xeral autorizou a cobertura, por medio de chamamento telefónico/SEPE as seguintes prazas dos corpos de tramitación e auxilio, por non existir ratio de dúas persoas por praza:

⭕ TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA (Chamamento telefónico-zona única ())

☑️ XDO. CONTENCIOSO N. 1 PONTEVEDRA CTPA Zona Única
S.V.

⭕ AUXILIO XUDICIAL (Selección a través do SPEG (*))

☑️   XULGADO DE MENORES DE  PONTEVEDRA (CAX)-IT TITULAR
☑️  XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE VILAGARCÍA Nº2 (CAX) – IT TITULAR

👉 (*)TRAMITACIÓN:

A cobertura da praza de tramitación farase a través do chamamento telefónico e segundo o establecido na disposición adicional segunda, punto 3 da ORDE do  4 de outubro de 2018  sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia: “ de se esgotaren dentro dunha bolsa os integrantes dunha zona concreta de preferencia, os pertencentes dentro da mesma provincia á outra zona de preferencia estarán obrigados, …a aceptaren o chamamento para a outra zona de preferencia”.

Como consecuencia a persoa dispoñible na bolsa de tramitación deberán comunicarnos antes das 14:00 h do xoves día 10 de xuño  a través do correo electrónico (servizoxustiza.vi@xunta.es) ou por fax  (986 817001) a aceptación da praza ofertada.
Tal e como se recolle no punto 3 do artigo 20 da citada orde o luns día 14 de xuño de 2021  comunicarémoslle a relación de prazas aceptadas e as persoas seleccionadas.

👉 (*) AUXILIO XUDICIAL
Ao non existir ningunha persoa dispoñible na bolsa de traballo nin na bolsa de reserva deste corpo nin do corpo inmediatamente superior (por estar preseleccionadas para as prazas ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativa), segundo o establecido no capítulo 2, artigo 6º,  punto 5  da ORDE do  4 de outubro de 2018  sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, acudirase para cubrir os postos ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma.