domingo,
22 de diciembre de 2024

SPJ-USO GALICIA.- ESIXE QUE SE RETOME DE INMEDIATO, E DUNHA VEZ POR TODAS, A NEGOCIACIÓN DA REGULACIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO NO ÁMBITO DA XUSTIZA GALEGA.

 

SPJ-USO ESIXE QUE SE RETOME DE INMEDIATO, E DUNHA VEZ POR TODAS, A NEGOCIACIÓN DA REGULACIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO.

SPJ-USO ven de reiterar solicitude de urxente convocatoria de mesa sobre comisións de servizo e publicación inmediata da correspondente orde que quedou a “medio negociar” en varias ocasións.

É inaudito que tras múltiples mesas de negociación, algúnhas delas xa no ano 2017 (si 2017, fai 4 anos…), a administración, coa complicidade de 2 sindicatos que no ano 2019 tiveron a brillante idea de opoñerse a unha “minucia” (a interpretación do termo “vacante”…) cando a negociación estaba case rematada e pendente de publicación, en outubro de 2019 a Xunta acordase pedir informe sobre esa “oposición” de dous sindicatos, á asesoría xurídica, e hoxe, dous anos mais tarde, un tema de tanta trascendencia, siga sen avanzar e os sindicatos sigamos sen ter noticias nin do informe da asesoría xurídica, nin mesa de negociación ó respecto.

Reiteramos que a regulación das Comisións de servizo é un asunto de máxima relevancia e trascendencia, e na actualidade mais se cabe, dada a inoperancia das bolsas de interinos que como sabemos están esgotadas, ademais da actualización do 2020 da normativa de substitucións, que é mais restrictiva (esíxense 6 meses de servizos na praza dende a que participas) polo que gran parte das prazas que están saindo a substitución están a quedar desertas.

Lembramos que a negociación do ano 2019 establecía qué prazas saían a comisión de Servizo e cales a Substitución, e que as prazas vacantes como resultado das comisión de servizo debían sair a substitución e as vacantes en substitución cubriríanse por persoal interino.

É de urxente necesidade que Galicia debe ter de inmediato e sen mais demoras unha regulación propia e axeitada para a cobertura de prazas de conformidade co art. 527 da LOPX e 73 do regulamento.

O anterior beneficiaría a movilidade de tódolos traballadores (independentemente do seu destino, corpo ou titulación).

Preme para acceder: COMISIÓNS DE SERVIZO – circular

Preme para acceder: NOVIDADES E DIFERENCIAS BÁSICAS ENTRE AS COMISIÓNS DE SERVIZOS E AS SUBSTITUCIÓNS

Preme e accede ó Escrito solicitude Mesa regulación COMISIÓNS DE SERVIZO

XUSTIFICANTE de presentación escrito RETOMA A NEGOACIACIÓN DA REGULACIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO