SPJ-USO GALICIA. SPJ USO FRONTE Ó COVID-19 CONTINUACIÓN DO PROCESO DE VACINACIÓN

0
198

O Proceso de Vacinación preocupa a moit@s compañeir@s s e así nolo transmitistes ao longo destes días; Por este motivo SPJ USO púxose en contacto co Sergas para que clarifique a súa postura con respecto a se o colectivo de Funcionari@s van ser incluídos na inmunización seguindo a orde alfabética establecida.

DESDE O SERGAS COMUNICÁRONNOS VIA MAIL  O SEGUINTE:

Unha vez reanudadas as citacións  para o proceso de vacinación desde onte,  está prevista a citación de todas as persoas comprendidas no grupo de idade de 50 a 65 anos, independentemente do seu tipo de aseguramento, xa que as diferentes mutualidades facilitaron os datos dos seus afiliados e a citación farase en función a disposición do número de vacinas, en ese caso de AstraZeneca, das que dispoña Galicia.