domingo,
22 de diciembre de 2024

SPJ-USO GALICIA REITERA SOLICITUDE DE PREPARACIÓN ONLINE DE OPOSICIÓNS PARA OS FUNCIONARI@S DE XUSTIZA DE GALICIA

 

SPJ-USO acaba de presentar un escrito ante a Dirección Xeral de Xustiza e a EGAP REITERANDO  SOLICITUDE DE PREPARACIÓN ONLINE DE OPOSICIÓNS, A TRAVÉS DA PLATAFORMA EGAP,  PARA OS FUNCIONARI@S DE XUSTIZA DE GALICIA.

 1.- A promoción e formación profesional d@s traballadores é un alicerce fundamental para o bo funcionamento das oficinas xudiciais e  para unha prestación do servizo público ao cidadán acorde coas premisas dunha Xustiza EFICAZ, RÁPIDA e PROFESIONAL.

 2.- Dende que a nosa Comunidade recibiu as competencias en Xustiza, nunca se organizaron cursos de preparación online encamiñados a preparar  tanto aos actuais profesionais dos xulgados como ao persoal interino, con interese e ansia de aprobar unha oposición de Xustiza, xa sexa por promoción interna ou por quenda libre;  Pola contra, outras Comunidades, tomando boa nota desto, leva organizándoos dende hai máis de 10 anos, caso do territorio Ministerio.

3.- Nos tempos de pandemia que vivimos revelóusenos que sen medidas de conciliación da vida familiar, persoal e laboral estamos perdidos e que, sobre todo, é necesario que a parte institucional nos apoie e funcione.

A posibilidade de preparación online de oposicións, é unha desas medidas ao ofrecermos esa flexibilidade necesaria para compaxinar estudo-formación e vida familiar, sobre todo, no marco da situación de crise sanitaria actual.

Por esto, instámoslle a esa Direccion Xeral, que “funcione” para que a preparación online de oposicións sexa unha realidade tamén para os seus funcionari@s, liberándoos desa discriminación e empezando por poñerse en contacto co Ministerio de Xustiza a efectos de que alcancen os pactos ou convenios necesarios que posibiliten a  dita formación.

4.- Por outra banda, a comunidade galega ten unha plataforma online (EGAP) deseñada e funcionando,  que pode prestar este servicio, polo que  non habería gasto ningún no desenvolvemento dela nin de organización de medios.

5.- Non é a primeira vez SPJ-USO solicita  á DXX como Administración competente (as nosas peticións remóntanse ao ano 2017) que ofreza formación para a preparación online dos distintos procesos selectivos, sen obter resposta e quedando á marxe do asunto.

Accede ao escrito e xustificante de presentación:

ESCRITO REITERACIÓN PREPARACION ONLINE OPOSICIÓNS XUSTIZA

Xustificante-PR004A-20210318