REUNIÓN POLAS OBRAS NO EDIFICIO XUDICIAL DE OURENSE 
No día de hoxe mantivemos unha reunión onde se nos deu un avance sobre as obras de colocación de fiestras interiores no edificio do Couto. O mais relevante do que se nos contou é o seguinte:
– Este xoves ou venres faranse as probas de colocación na quinta planta.
– As obras faranse sempre polas tardes. Garantese pola administración a conciliación da xornada laboral co desenrolo das mesmas.
– O ascensor central da parte interior do edificio restrinxirase para as obras.
– As fiestras serán basculantes, similares as da imaxe superior.
– A duración das obras será aproximadamente de 2 meses.
– Se garante a limpeza e desinfección total diaria.
– Pola comisión técnica estase estudando a ampliación das obras para instalar fiestras tamén nos seguintes servizos: Espazo no entorno do Decanato e no Servizo de Atención ao Cidadán , ambas na planta -1 do edificio.