jueves,
4 de julio de 2024

SPJ-USO GALICIA. NOVA BOLSA DE INTERINOS de GALICIA: PUBLICACIÓN O 2 DE XUÑO‼️

📢🔊 ÚLTIMA HORA NOVA BOLSA DE INTERINOS: PUBLICACIÓN O 2 DE XUÑO‼️📢

Comunícase que a publicación da Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial prevese para o 02.06.2020

A mencionada publicación terá lugar na intranet e na web da Consellería.

Unha vez en vigor as novas listaxes de persoal interino, as listaxes anteriores quedarán anuladas, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

Os interinos que estaban en suspensión temporal nas anteriores bolsas, deberán solicitar novamente a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Xunto coa resolución publicarase tamén a nota informativa seguinte:

NOTA INFORMATIVA NOVA BOLSA DE INTERINOS