lunes,
22 de julio de 2024

SPJ-USO GALICIA. PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS 2020 E SOLICITUDE DE ASUNTOS PARTICULARES

PROGRAMA ANUAL DE VACACIÓNS 2020 E SOLICITUDE DE ASUNTOS PARTICULARES.

Ante  as múltiples preguntas ó respecto, aclaramos e informamos de que:

☑️ Esta semana, concretamente o mércores, haberá unha xuntanza do Ministerio de Xustiza coas Comunidades autónomas transferidas, entre elas Galicia, para consensuar as reglas xerais do programa anual de vacacións.

Posteriormente, antes do 15 de Xuño, teremos xuntanza os sindicatos coa Dirección Xeral de Xustiza sobre o programa anual de vacacións e sobre o horario.

☑️ Debemos ter en conta que o horario de 6 horas entre as 7.30 e as 15.00 horas pode ser beneficioso para o funcionariado en relación co horario de verán que debería comezar o 15 de xuño, e que na situación actual é de “difícil aplicación”,  estándose a barallar esa posibilidade para este 2020.

☑️ Referente á solicitude de asuntos particulares, recomendase cando se precise un día de asuntos particulares, cambiar o turno presencial de ser posible, e sólo pedir o día noutro caso, tal como textualmente nos pediu na xuntanza do dia de onte a DXX.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados‼️