SPJ-USO GALICIA. ACUERDO DE PUESTA EN MARCHA DE LA CARRERA PROFESIONAL “OBJETIVO CONSEGUIDO CON EL ESFUERZO DE TODOS/AS LOS TRABAJADORES/AS

0
209

ACUERDO  HISTÓRICO Y PIONEIRO EN TODO EL ESTADO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de setembro de 2020, polo que se aproba o acordo acadado o 3 de agosto de 2020 entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

NOTA DESARROLLO PARA DESCARGAR

PUNTOS MAIS IMPORTANTES

PROCEDEMENTO DE PETICIÓN VOLUNTARIA NO OPAX

Instrucións:

A solicitude  debe facerse e presentarse obrigratoriamente de maneira telemática a través da OPAX.

Ao entrar en OPAX, aparecerá , tanto no menú lateral como nos accesos directos, un enlace a “traxectoria profesional”. Ao premer no enlace de traxectoria profesional, o sistema informaralle se cumpre ou non os requisitos.

No primeiro caso (reúne requisitos): deberá acceder á solicitude, gravala, asinala e  presentala.

  • No segundo caso (non reúne un ou varios dos requisitos): unha vez acceda á solicitude, deberá marcar  o/s requisito/s que,  non constan precargados pero que o/a solicitante pode acreditar;  para o que achegarán a documentación xustificativa correspondente xunto coa propia solicitude.

MOI  IMPORTANTE:  non basta con gravar a solicitude, hai que asinala e presentala a través da aplicación, cun certificado dixital ou mediante as credenciais de acceso á OPAX. No caso de que cree  máis dunha solicitude, só será válida a última presentada.

IMPORTANTE:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 15 DIAS HÁBILES (DENDE O 6 ATA O 27 DE OUTUBRO, ambos incluidos)

REQUISITOS DE ANTIGUEDADE

GRADO 1 recoñecido DENDE  o 5º ano de servizos prestados. (EFECTOS 31/12/2019)

GRADO 2  acceso extraordinario dende o 2 semestre de 2021 con 11 anos de servizos prestados

CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN

1– Formación continuada: (A suma de todos os cursos terá un mínimo de 40 horas).

2- Realización de todos os cursos de doutoramento, master, etc

3- Publicación de traballos científicos

4- Dous anos de funcións de dirección, subdirección, xefatura de servizo, xefatura de sección.

5- Dous anos en situación de excedencia por coidado de fillos e familiares

6- Nomeamento, e participación na totalidade do proceso, como membro dalgúntribunal cualificador de procesos selectivosou de provisión de postos

7-  Dous anos de servizos prestados en postos de traballo que, polas súas especiais características de illamento, soidade ou distancia con centros de formación, amosen dificultades para a realización de actividades formativas.